Cerdaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da Alta e Baixa Cerdaña
Vista desde a Tosa d'Alp.

A Cerdaña (Cerdanya en catalán, Cerdagne en francés, Ceritania en latín) é un territorio histórico que como consecuencia do Tratado dos Pireneos do 1659, quedou dividido en dous: a comarca da Alta Cerdaña, que forma parte dos Pireneos Orientais, é dicir, os territorios administrados por Francia, e a Baixa Cerdaña, que forma parte de España, dentro da Comunidade Autónoma de Cataluña. Esta a súa vez, quedou dividida nas provincias de Girona e Lleida.

Comprende dende o collado de la Perxa ata o congosto de Martinet. A comarca limita con Andorra, o Ariège, o Capcir, o Conflent, o Ripollès, o Berguedà e o Alt Urgell. O enclave de Llivia forma parte da Baixa Cerdaña por estar baixo soberanía española, pero os seus territorios están situados no medio do territorio francés, cousa que fai que xeograficamente forme parte da Alta Cerdaña. As montañas que delimitan o val oscilan entre os dous mil e os case tres mil metros de altitude (Carlit, 2921 m; Puigmal 2909 m).

O val que conforma a Cerdaña é un afundimento tectónico situado ao Este do macizo dos Pireneos. Cunha superficie de 1086,07 kn2, esta rexión natural divídese, nun 50,3% para España e un 49,7% para Francia. Está regado polo río Segre e os seus afluentes. É o único val pirenaico que transcorre de Este a Oeste en lugar da dirección Norte-Sur ou Sur-Norte habitual. Isto fai que a insolación na Alta Cerdaña sexa das máis importatntes de Europa e foi aproveitado no forno solar de Font-Romeu.

No ano 2001 os habitantes da Cerdaña eran 26.500, deles, o 53,4% corresponden a España e o 46,6% a Francia. Cunha densidade de 24 habitantes por km2 é a rexión con menos habitantes de Europa Occidental. O maior número de habitantes atópase na vila transfronteiriza de Puigcerdà-Bourg-Madame:10.900 habitantes en 2001.

Municipios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerdaña