Corrixidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un Corrixidor era un funcionario real, instituído en Castela por Henrique III ao redor de 1393, cuxa misión era representar á Coroa no ámbito municipal.

[editar] Funcións

As súas funcións eran varias: representar á monarquía a nivel local, xestionar o desenvolvemento económico e administrativo dos municipios, presidir os concellos, dando validez ás súas decisións, ser xuíz en primeira ou segunda instancia, etc. Desapareceron en 1833 ao instaurarse os Gobernadores políticos, no ámbito administrativo, e remodelarse o sistema xudicial.

Nas colonias americanas, particularmente en Chile, os corrixidores estampaban o seu cargo nos documentos e nas cerimonias, indicando as facultades investidas neles. De feito, unha fórmula recorrente era nomearse deste xeito: "Xustiza maior e lugartenente de capitán xeral", o cal significaba que nos territorios onde aqueles exercían o mando, tiñan plenos dereitos de administrar xustiza e comandar forzas militares.

Co a chegada dos Borbóns en España, a figura do corrixidor foi substituída por unha de máis amplas atribucións e prestixio: o intendente. No ámbito máis local entraron en funcións os subdelegados.

[editar] Véxase tamén

[editar] Biografia

  • González Alonso, Benjamín: El corregidor castellano (1348-1808), Madrid: Instituto de Estudios Administrativos, 1970
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas