A Española
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| A Española | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | Port-au-Prince-Haiti Santo Domingo-República Dominicana |
||||
| Linguas | Español, Francés | ||||
| Poboación (2005) | 18.466.497 hab. | ||||
| Superficie | 76.480 Km² | ||||
| Densidade | 241´5 | ||||
| Coordenadas | |||||
| Maior Altura | 3.098 m. Pico Duarte | ||||
A Española é unha illa das Grandes Antillas, no mar Caribe, situada ao sueste de Cuba e ao oeste de Porto Rico, ao sur do paralelo 20º. É a segunda illa máis grande do Caribe logo de Cuba, ten unha superficie de 76.000 km², unha lonxitude de 650 km e un largo máximo de 241 km. É unha illa de relevo moi acidentado; o punto máis alto é o Pico Duarte (3.175 m). O sueste está ocupado principalmente por grandes chairas.
Con máis de 15 millóns de habitantes, é a máis poboada das Antillas.
Politicamente esta dividida en dous países: a República de Haití, que ocupa o terzo occidental da illa, e a República Dominicana, nos dous terzos occidentais. É a única illa do Caribe que pertence a dous estados distintos.
| País | Densidade de poboación | Área | Poboación |
|---|---|---|---|
| (hab./km²) | (km²) | (aprox 01-07-2005) | |
| Haití | 313.7 | 27.750 | 8,706,497 |
| República Dominicana | 200.3 | 48.730 | 9,760,000 |
| Total | 203 | 76.480 | 18.466.497 |
[editar] Historia
Cristovo Colón bautizou a illa como Hispaniola tras desembarcar nela o 6 de decembro de 1492 durante a súa primeira viaxe. En 1493, estableceu alí a primeira colonia europea en América, no forte da Natividade.
Antes da colonización, A Española era habitada polos taínos, da familia dos arawak, que foron sometidos a tratos intensos e forzosos, e ademais, coas novas enfermidades traídas de Europa, chegaron á desaparición, aínda que nalgúns pobos quedan trazos físicos da súa raza; os españois, logo disto, non tiveron suficientes escravos para realizar os traballos, o que os levou a importar escravos desde África, para continuar coa construción da colonia.
A primeira etapa colonial estivo centrada na explotación dos xacementos de ouro, e logo na produción azucreira, que caeu no século XVII. Así, os colonos comezaron a produción de tabaco, xenxibre, café e gando.
A cidade de Santo Domingo é a cidade máis vella do novo mundo fundada por europeos. As súas construcións datan de finais dos séculos xv e xvi como a Catedral de Santa María a Menor (1530), O Alcazar de Colón (1505), O Palacio dos Gobernadores e Xerais (1508), O Hospital de San Nicolás (1503), O Convento de Santa Clara (1553), a Academia Gorgon (1558), A Universidade de Santo Domingo (1530), o Mosteiro de San Domingo (1510), a Ermida do Rosario (1496), e A Muralla de Santo Domingo (1540)
As devastacións de Osorio produciron unha parálise económica tal, que a partir de 1604 foi necesario o «situado», diñeiro que a Coroa Española outorgou a partir do Tesouro da Nova España, que era destinado a pagar os soldos dos funcionarios na Española e en Porto Rico.
A unión entre europeos e africanos da colonia deu orixe ao mulato; os fillos dos europeos brancos denomináronse criollos.
A Española, coa súa inmellorable posición xeográfica, foi motivo de disputa entre as potencias europeas. Logo das devastaciones de Osorio, produciuse o asentamento francés da illa e a proclamación oficial do tratado de Ryswick e logo do tratado de Basilea, que resultou ser o tratado definitivo.