María de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María I de Borgoña
Duquesa de Borgoña
Mary of burgundy pocher.jpg
Outros títulos
Duquesa de Brabante, da Baixa Lorena, de Güeldres, e Limburgo e de Luxemburgo; Condesa palatina de Borgoña, de Artois, do Charolais, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen; marquesa do Santo Imperio señora de Fisia, de Malinas e de Salines.
Nacemento 13 de febreiro de 1457
Bruxelas, Ducado de Brabante Armes brabant escudo brabante.png
Falecemento 27 de marzo de 1482
Bruxas, Condado de Flandres Flander flag.png
Consorte Maximiliano I de Austria
Descendencia Filipe IV de Borgoña (Filipe o Fermoso)
Margarita de Austria
Casa Real Valois
Pai Carlos I de Borgoña
Nai Isabel de Borbón

Escudo de María de Borgoña

María I de Borgoña, nada en Bruxelas (ducado de Brabante) o 13 de febreiro de 1457 e finada en Bruxas (Flandres) o 27 de marzo de 1482), foi duquesa titular de Borgoña e dos demais territorios do Estado borgoñón: duquesa de Brabante, da Baixa Lorena, de Güeldres, e Limburgo e de Luxemburgo; Condesa palatina de Borgoña, de Artois, do Charolais, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen; marquesa do Santo Imperio señora de Fisia, de Malinas e de Salines.

Filla única do duque de Borgoña Carlos o Temerario (1433-1477), e de Isabel de Borbón (1437-1465), pasou a maior parte do seu reinado (1477-1482) defendendo os seus dereitos á herdanza do seu pai, disputada polo rei de Francia.

O seu matrimonio, en 1477, co arquiduque Maximiliano de Austria, futuro emperador do Sacro Imperio Romano, deu paso a case dous séculos de hexemonía dos Habsburgo na xeopolítica de Europa.

Foi a nai de Filipe o Fermoso e, polo tanto, avoa de Carlos V (ao que ela non chegou a coñecer).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como filla única do último duque de Borgoña, Carlos o Temerario e da súa quinta esposa Isabel de Borbón, herdou aos 20 anos o ducado do seu pai, tras a morte deste na batalla de Nancy.

A pretensión francesa polos territorios dos Países Baixos borgoñóns fixo que o rei Luís XI ocupara algúns deles, como o condado de Borgoña ou o ducado de Borgoña, o que impediu a María exercer o seu título nos que foran as súas posesións.

Coa finalidade de expulsar os franceses, promulgou unha carta que se coñece como O Gran Privilexio, pola que quedaba garantido o goberno propio nos Países Baixos.

Casou en 1477 con Maximiliano, arquiduque de Austria, fillo do emperador Federico III.

Con Maximiliano, que despois tamén sería emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, tivo dous fillos: Margarita de Austria e Filipe o Fermoso.

Filipe o Fermoso introduciría, polo seu matrimonio con Xoana I de Castela, filla dos Reis Católicos, a estirpe dos Austria en España.

María de Borgoña morreu en Bruxas en 1482, aos 25 anos, como consecuencia dunha caída dun cabalo.

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Filipe II de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
8. Xoán I de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Margarita III de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe III de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Alberto I de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
9. Margarita de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Margarita de Silesia-Liegnitz
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos o Temrerario
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Pedro I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
10. Xoán I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Teresa Lourenço
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Xoán de Gante
 
 
 
 
 
 
 
11. Filipa de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Branca de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Luís II de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
12. Xoán I de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ana de Forez
 
 
 
 
 
 
 
6. Carlos I de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán I de Berry
 
 
 
 
 
 
 
13. María de Berry
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Xoana de Armagnac
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán I de Borgoña = 8
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Agnes de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Margarita de Baviera = 9
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


María e a súa familia, por Bernhard Strigel.
A tumba de María de Borgoña.
Predecesor:
Carlos o Temerario
Duquesa titular de Borgoña
duquesa de Brabante, de Limburgo, Baixa Lotarinxia, de Luxemburgo e de Güeldres;
condesa palatina de Borgoña, de Namur, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia e Zutphen;
marquesa do Sancro Imperio e
señora de Frisia, de Malinas e de Salines
.
1477 - 1482
Arms of the Duke of Burgundy since 1430.svg
Sucesor:
Filipe o Fermoso
Predecesor:
Carlos o Temerario

Condesa de Artois, de Borgoña e do Charolais

1477 - 1482
Sucesor:
Cedidos ao rei de Francia como dote no tratado de Arrás (1482).[1] [2] [3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María de Borgoña Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Histoire des ducs de Bourgogne de la maison de Valois, 1364-1477, "Marie de Bourgogne", volumes 11 e 12, París, 1826.
  • Dumont, Georges-Henri (1982): Marie de Bourgogne. París: Fayard. ISBN 978-2-2130-1197-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]