Capela Real de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada á capela.

A Capela Real de Granada está situada no centro histórico da cidade de Granada. Nela atópanse soterrados os Reis Católicos, Xoana a Tola e Filipe o Fermoso.

Índice

Historia [editar]

Os Reis Católicos escolleron coma lugar de soterramento a cidade de Granada, creando, mediante Real Cédula de data 13 de setembro de 1504, a Capela Real.

Comezou a construirse no ano 1505 por Enrique Egas en estilo gótico. Ademais interviñeron na súa construción Juan Gil de Hontañón, Juan de Badajoz el Viejo e Lorenzo Vázquez de Segovia.

Rematouse no 1517, consagrándose aos santos Juan Bautista e Juan Evangelista. Ao longo dos anos dotouse de obras de arte, obxectos litúrxicos e reliquias. Perdeu certa importancia cando Felipe II decidíu que o lugar de soterramento da súa dinastía estivera no Escorial, a donde trasladou algúns dos restos.

O museo foi creado no ano 1913. Có desenvolvemento do turismo en España na segunda mitade d século XX, converteuse nun dos centros de atracción turística da cidade de Granada.

Galería [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]