Arquidiocese católica latina de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de Toledo
Archidioecesis Toletanus
Datos xerais
Erección século I
Información
Igrexa particular Igrexa Católica Latina
Ritos Romano e hispano-mozárabe
Xerarquía
Papa Francisco
Arcebispo metropolitano Braulio Rodríguez
Outros datos
Páxina web architoledo.org
Diocesisdetoledo.PNG

A arquidiocese e as súas sés sufragáneas

A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.

Historia[editar | editar a fonte]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Comezos e época visigoda[editar | editar a fonte]

A diocese de Toledo foi erixida no século I, e considérase fundador da mesma ao apóstolo Santiago o Maior.

No século IV foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana. É segundo a tradición a diocese de maior importancia de España, polo que o seu arcebispo leva tamén o título de Primado de España.

Coa chegada dos visigodos e, especialmente, logo da designación de Toledo como capital do reino, a diocese estendeu a súa xurisdición sobre territorios da Cartaxinense que dependían eclesiásticamente da súa capital, Carthago Spartaria (hoxe Cartagena). Como a sé metropolitana de Carthago Spartaria estaba no territorio dominado polos bizantinos, o rei visigodo Gundemaro promoveu a celebración dun sínodo que acordou elevar a Toledo ao rango de arquidiocese metropolitana.

Entre o 400 e o 702 sucedéronse dezaoito concilios de Toledo, entre os cales salienta, pola súa importancia, o Terceiro Concilio de Toledo, pola conversión de Recaredo e da súa corte.

Dominación musulmá e reconquista[editar | editar a fonte]

Durante a dominación musulmá, Toledo deveu un bastión do cristianismo, e mantívose a arquidiocese e a sucesión episcopal. No século VIII tivo lugar unha persecución aos cristiáns que permanecían en Al-Andalus(os mozárabes), que provocou migracións cara aos reinos cristiáns do norte da península. O rito da Igrexa hispana, ou rito mozárabe, porén, perviviu en Toledo, grazas aos mozárabes que quedaron na cidade.

O rei Afonso VI e os cristiáns reconquistaron a cidade de Toledo en 1085, devolvéndolle á arquidiocese o seu antigo poder. O primeiro arcebispo deste período foi Bernardo de Cluny, membro da orde de Cluny. A sé episcopal participou activamente na Reconquista, controlando o territorio conquistado e alentando á expansión das ordes militares de Santiago, de Calatrava e de Alcántara.

O 6 de marzo de 1101 o papa Pascual II confirmou Toledo como sé primacial coa bula Actorum synodalium. Neste período foi iniciada a construción da actual Catedral de Santa María.

Dende a Reconquista[editar | editar a fonte]

Logo da reconquista, durante o reinado dos Reis Católicos, foi nomeado arcebispo de Toledo Francisco Jiménez de Cisneros, quen inaugurou a Universidade de Alcalá, cuxo territorio pertencía entón á arquidiocese; e participou activamente na política do reino. Durante o reinado de Filipe II a corte foi trasladada a Madrid, mais a cidade seguiu a depender eclesiásticamente de Toledo.

Durante os dous últimos séculos a arquidiocese sufriu varios episodios complicados. Coa invasión de Napoleón a arquidiocese foi saqueada, e o arcebispo fuxiu a Sevilla. Coas desamortizacións de Mendizábal e Madoz comezou un conflito entre o goberno de España e a Santa Sé, quedando durante un tempo a sé vacante. Finalmente, a Guerra Civil Española supuxo a destrución de grande parte do patrimonio artístico do arcebispado e a morte de 281 sacerdotes.

Liturxia[editar | editar a fonte]

Calendario particular[editar | editar a fonte]

Ademáis das celebracións litúrxicas propias da Igrexa universal, a arquidiocese celebra as seguintes festas no seu calendario:[1]

Rito hispano-mozárabe[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rito hispano-mozárabe.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Arcebispos de Toledo[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]