Tratado de Alcáçovas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tratado das Alcáçovas.

O Tratado de Alcáçovas, tamén denominado como Tratado de Alcáçovas-Toledo, foi un acordo asinado entre Afonso V e os Reis Católicos, no desenvolvemento da Guerra de Sucesión de Castela. Foi inicialmente asinado na vila portuguesa de Alcáçovas, no Alentexo, o 4 de setembro de 1479, pondo termo á guerra de sucesión castelá (1479-1480), e posteriormente ratificado na cidade de Toledo o 6 de marzo de 1480.

Historia[editar | editar a fonte]

Portugal, en calidade de principal estado europeo empeñado no recoñecemento de dereitos sobre as illas Atlánticas e a costa africana durante a década de 1470, no entanto viuse enfrentando unha serie de conflitos co reino veciño. Unha vez rematada, na Península Ibérica, unha guerra favorable a Castela, os representantes de ambos os Estados firman un acordo de paz.

Ademais de formalizar a fin das hostilidades (polo que Xoana a Beltranexa, e seu tio e marido Afonso V de Portugal, desistian para sempre das súas pretensións ao trono de Castela), o Tratado contiña outras cláusulas en relación á política de proxección externa de ambos os países, nun momento en que os dous reinos competian polo dominio do Océano Atlántico e as terras ata entón descubertas na costa africana.

Por estas cláusulas, Portugal obtiña o recoñecemento do seu dominio sobre a illa da Madeira, o arquipélago dos Azores, de Cabo Verde e da costa da Guinea, mentres que Castela recibia as illas Canarias. Renuncia a navegar ao sur do cabo Bojador, ou sexa, do paralelo 27 no que se atoparon as propias illas. Regulamentaba tamén as áreas de influencia e de expansión de ambas as coroas polo Reino de Fez, no Norte de África.

O Tratado foi o primeiro do xénero, que regulamentaba a posesión de terras non descubertas. Reflectía os desexos de Portugal, interesado en garantir dereitos sobre a costa da mina e do Golfo da Guinea, e continuar a súa exploración da costa africana, en que por esa vía esperaba a pasaxe para a India.