Henrique VII de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique VII de Inglaterra
Rei de Inglaterra
King Henry VII.jpg
Retrato de Henrique, sostendo unha rosa de Lancaster e portando o colar do Toisón de ouro, por Michael Sittow
Reinado 22 de agosto de 148521 de abril de 1509
Coroación 30 de outubro de 1485
Nacemento 28 de xaneiro de 1457
Castelo de Pembroke, Gales Gales
Falecemento 21 de abril de 1509
Palacio Richmond, Londres, Inglaterra Inglaterra
Sepultura Abadía de Westminster, Londres
Predecesor Ricardo III
Sucesor Henrique VIII
Consorte Isabel de York
Descendencia
Casa Real Casa de Tudor
Pai Edmundo Tudor
Nai Margarida Beaufort

Escudo de Henrique VII de Inglaterra

Henrique VII de Inglaterra, nado o 28 de xaneiro de 1457 e finado o 21 de abril de 1509, foi rei de Inglaterra e señor de Irlanda desde o 22 de agosto de 1485 ata a súa morte, fundou a Casa de Tudor.

Nacemento: conexións familiares e dereito ao trono[editar | editar a fonte]

Henrique Tudor naceu no castelo de Pembroke, en Gales, fillo de Edmundo Tudor e de Margarida Beaufort. Edmundo Tudor, fillo do matrimonio entre o galés Owen ap Tudur (Owen Tudor) e Catarina de Valois víuva do rei Henrique V. Edmundo foi apresado por membros da casa de York durante as guerras das Dúas Rosas, finando un par de meses antes do nacemento de Henrique, o 1 de novembro de 1456. Margarida Beaufort era a neta de Xoán Beaufort, medio-irmán de Henrique IV de Inglaterra. [1].

Se ben Henrique era, por parte da súa nai, descendente do rei de Inglaterra, neste caso a ascendencia era ilexítima: Xoán Beaufort era fillo natural, e aínda que posteriormente declarado lexítimo durante o reinado de Ricardo II, tras o matrimonio dos seus pais, unha lei decretada por Henrique IV impedía o acceso dos Beaufort ao trono inglés.

A loita polo trono[editar | editar a fonte]

Debido á persecución da Casa de York, a familia de Henrique pronto abandonou Gales por Bretaña, onde foron acollidos polo duque de Bretaña, Francisco II. En Bretaña creceu e educou como un dos candidatos da Casa de Lancaster ao trono ocupado nese momento pola Casa de York.

No 1483 abandonou Bretaña para unirse á rebelión do seu curmán Henrique Stafford, duque de Buckingham contra Ricardo III; porén, a vitoria deste último forzou a Henrique a huir precipitadamente a Bretaña, buscando de novo o amparo do duque. Francisco intentando asociarlle ao ducado ofreceu a Henrique VII comprometerse coa súa filla Ana de Bretaña para obter unha alianza, poder de Gran Bretaña, pero o matrimonio non lle interesaba. En 1485, tras recibir apoio financeiro do duque, e habéndose asegurado un certo apoio galés, Henrique empezou unha nova rebelión ao desembarcar de novo en Gales; Ricardo III saíu ao seu encontro pero debido a traizón de certos nobres, o seu exército foi incapaz de gañar a batalla de Bosworth, onde o propio Ricardo loitou con valentía e finou o 22 de agosto de 1485.

Trala batalla de Bosworth, Henrique converteuse en rei de Inglaterra co nome de Henrique VII e acabou coas guerras das Dúas Rosas.


Descendencia[editar | editar a fonte]

Morte do rei[editar | editar a fonte]

Traxicamente, Henrique sufriu primeiro a morte de Arturv, o seu fillo máis vello e herdeiro e ao ano seguinte a da súa dona Isabel de York, por complicacións no parto da súa filla Catarina que tamén finou inmediatamente. Henrique nunca recuperouse desta dor, finando no palacio de Richmond, o 21 de abril de 1509. Foi enterrado na abadía de Westminster, e o seu fillo Henrique VIII sucedeuno pacificamente no trono.

Predecesor:
Ricardo III
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
Coat of Arms of Henry VII of England (1485-1509).svg

1485 - 1509
Sucesor:
Henrique VIII

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Caroline Rogers and Roger Turvey, Henry VII, London: Hodder Murray, 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henrique VII de Inglaterra