Liberio, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século IV |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
Liberio I, nado en Roma, converteuse en papa o 17 de maio de 352.
As polémicas mantidas cos arianos conlevaron a elección de Fiz II como antipapa.
Promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.
Faleceu o 24 de outubro de 366.
Liberio e o arrianismo [editar]
O pontificado de Liberio sitúase nun período no cal o dogma da Igrexa oficial, tal como foi fixado polo Primeiro Concilio de Nicea, é contestado con forza polos partidarios do arianismo. O emperador Constancio II apoia a estes últimos e mesmo desterra ao patriarca Atanasio de Alexandría, vigoroso defensor do concilio niceano. Constancio obtivo, nos concilios de Arlés e de Milán, o apoio da maioría dos bispos occidentais. Mais unha parte deles, con todo, indignouse. Este foi o caso do papa Liberio, a quen Constancio forza ao exilio en Beroea, Tracia, en 355.
Constancio levantou esa medida tres anos máis tarde, en 358, pudendo Liberio regresar a Roma.
Numerosos de historiadores antigos e modernos suxiren que Liberio asinara unha das fórmulas do Sínodo de Sirmium, condenando a san Atanasio, e en parte dando satisfacción aos arianos. Consideran que Liberio obrou por debilidade e non por convicción. Esta tese que se sostén en escritos contemporáneos, especialmente nos do mesmo san Atanasio, é tamén a de Edward Gibbon.
Segundo a tese contraria, Constancio liberaría ao papa cedendo ás presións do pobo romano.