Zósimo, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século V |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
Zósimo é o 41º papa (de 417 a 418).
Sabese pouca de cousa sobre a súa vida se non é que é grego, que o seu pai se chamaría Abram e que a súa familia sería de orixe xudía, convertida ao cristianismo.
O pontificado deste papa foi breve, accidentado e marcado por dificultades e contratempos. Foi elixido o 18 de marzo de 417. Houbo dous acontecementos importantes durante o seu goberno. O primeiro é que nomeou a Patroclo como bispo metropolitano de Arlés en contra da opinión de todos os bispos da rexión. O segundo foi que Paio e Celestio, condenados por dous concilios polas súas herexías, apelaron a Zósimo, quen os absolveu. Estes xa foran condenados polo papa anterior, Inocencio I. Parece ser que Zósimo se mostraba demasiado compracente, quizais por ser moi impulsivo nas súas decisións.
Quedan de santo Zósimo trece cartas, escritas con moito vigor e autoridade. Os antigos gabaron moito a constitución de Zósimo contra Paio, da cal non seguimos tendo máis que algúns fragmentos; é coñecida baixo o nome de Tractoria Zosimi, nome xenérico dado ás cartas e decretos levados nas provincias polos correos públicos e que algunhas críticas cren que debía chamarse Tractatoria.
