Bonifacio II, papa
| Papas do século VI |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
Bonifacio II, nado en Roma e falecido en Roma o 17 de outubro de 532, foi o 55º papa da igrexa católica, entre os anos 530 e 532.
Aínda que naceu en Roma, era ostrogodo de nacemento, o que o converteu no primeiro papa de orixe xermánica, grazas ao apoio do rei godo Atalarico.
Designado por Félix IV como o seu sucesor mediante un edito, á morte deste unha parte do clero, respectando a vontade do falecido, elixiuno pontífice o 22 de setembro de 530, mentres que a facción maioritaria da curia se opuxo á súa elección, elixindo como papa a Dióscoro. O posible cisma na igrexa desapareceu coa morte de Dióscoro vinte e dous días despois do seu nomeamento.
Obsesionado coa posibilidade de que á súa morte volvese a producirse unha dupls elección papal que desembocase nun cisma, convocou un concilio no que se outorgou a prerrogativa de elixir ao seu propio sucesor, designando como tal ao diácono Virxilio. Porén, a oposición que encontrou ante este proceder e que levou ao propio Senado romano a acusar ao papa de abuso de poder, fixo que Bonifacio se retractase, non accedendo á cadeira papal trala morte de Bonifacio, se ben o faría posteriormente.
| Predecesor: Fiz III |
Papa 530-532 |
Sucesor: Xoán II |
