Bieito VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bieito VI (nado en Roma, ? – e morto en xuño de 974) foi Papa do Igrexa Cristiá do 973 ao 974.

Fillo dun home chamado Hildebrant, Bieito VI foi escollido papa cando era cardeal diácono de San Teodoro grazas á axuda de Odón I. Pero atopouse co rexeitamento de Crescencio I, irmán do papa anterior, que prefería sentar na cadeira de San Pedro ao diácono Francone.

Aproveitando a morte de Odón o 7 de maio de 973, Crescencio encabezou un motín no cal retivo a Bieito VI e nomeou pontífice ao seu protexido Francone, que tomou o nome de Bieito VII.

Pouco despois, en xuño de 974, o novo papa fixo esganar a Bieito VI para evitar a súa liberación por parte de Sicco de Spoleto, o representante do emperador.

Papas do século X
Antipapas