Hixinio, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa Hixinio

Hixinio, logo chamado santo Hixinio, nado quizais en Atenas e falecido posiblemente en Roma en 142, foi bispo de Roma.

Vida e pontificado[editar | editar a fonte]

Pouco se coñece do seu pontificado, que por outra parte foi bastante breve. A herexía gnóstica, que levaba anos presente como corrente de pensamento cristiá coñece nestes anos o seu apoxeo cos filósofos Valentiño de Exipto, Marción e Cerdón, que Hixinio combateu.

O Liber pontificalis di del que instaurou a figura do padriño no bautismo, quen definiu os ordes menores do clero, quen distinguiu as funcións dos prebíteros e dos diáconos e quen obrigou a que todas as igrexas onde se misase fosen consagradas antes.

Morte e santidade[editar | editar a fonte]

Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 11 de xaneiro.

Parroquias en Galicia[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de santo Hixinio.