Contrarreforma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Contrarreforma, tamén denominada Reforma Católica é o nome dado ao movemento creado no seo da Igrexa Católica en resposta á Reforma Protestante iniciada con Lutero, a partir de 1517. En 1543, a igrexa Católica Romana convocou o Concilio de Trento establecendo entre outras medidas, a continuación do Tribunal do Santo Ofício (Inquisición), a creación do Index Librorum Prohibitorum, cunha relación de libros proibidos pola igrexa e o incentivo á catequese dos pobos do Novo Mundo, coa creación de novas ordes relixiosas dedicadas a esa empresa, incluíndo aí a creación da Compañía de Xesus. Outras medidas incluíron a reafirmación da autoridade papal, o mantemento do celibato, a creación do catecismo e seminarios, e a supresión de abusos mediante indulxencias.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas