Dámaso I, papa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século IV |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
Dámaso I, 37º papa da Igrexa Católica entre 366 e a súa morte, en 384. San Dámaso para os cristiáns. En menos de vinte anos dunha intensa actividade conseguiu restituír á Igrexa de Roma o seu prestixio e a súa preeminencia.
Tivo como secretarios a Santo Ambrosio e a San Xerome entreo outros. A San Xerome encargoulle a redación dunha nova versión da Biblia, encargo que deu como resultado a coñecida como Vulgata, versión usada ata o século XX.
[editar] Vida
Aínda que se descoñece o seu lugar exacto de nacemento, probablemente na zona de Gallaecia na Península Ibérica, parte do Imperio Romano de Occidente, creceu en Roma. En 341, coñeceu a Atanasio de Alexandría, nesa época exiliado en Roma, do que se fai seguidor e amigo, simpatizando en causas comúns.