Constantino, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VIII
Antipapas

Constantino, papa.

Constantino, nado en Tiro (Siria) e finado en Roma o 9 de abril de 715, foi o Papa nº 88 da Igrexa Católica de 708 a 715.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A diferenza dos seus predecesores, mantivo boas relacións co emperador Xustiniano II, a partir da visita realizada a Constantinopla entre outubro de 710 e 711 co obxecto de resolver os desacordos existentes entre as Igrexas Orientais e Occidentais, xurdidos a raíz do Concilio Quinisexto ou Segundo Concilio Trullano, celebrado naquela cidade en 692.

O Papa foi ben acollido en todas as cidades, particularmente na capital. Logrou convencer a Xustiniano II de modificar certas resolucións do citado concilio.

Tralo regreso do Papa a Roma, Xustiniano II enfrontouse a unha rebelión encabezada por Filípico Bardano, quen se proclamou emperador tras tomar prisioneiro a Xustiniano e mandalo executar.

Este foi un momento moi importante na historia do cristianismo, pois foi a primeira vez que un emperador buscou a confirmación papal ao seu nomeamento, pero ao ser Bardano un convencido seguidor do monotelismo, o Papa negouse a confirmalo como emperador, volvendo a tensarse as relacións entre Roma e Constantinopla. Esta situación mantívose até que en 713 Bardano foi deposto e substituído por Anastasio II, que acatou as decisións do Terceiro Concilio de Constantinopla.