Xoán XI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século X
Antipapas

Xoán XI, nado en Roma en 911 e finado en Roma en decembro de 935, foi papa da Igrexa católica de 931 a 935, elixido aos vinte anos de idade. Sétimo papa do período coñecido como «pornocracia» e nº 125 desde San Pedro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo ilexítimo de Marozia e do papa Serxio II segundo o historiador Liutprando de Cremona ou o Liber Pontificalis, outras fontes atribúen ao primeiro marido daquela, Alberico I, a paternidade do futuro papa.

Destinado desde a súa infancia á carreira eclesiástica, a pesar da súa vida disoluta e total falta de espiritualidade. Foi elixido papa grazas ás intrigas de Marozia, pasando a converterse -do mesmo xeito que os seus predecesores no solio pontificio- nun monicreque en mans da súa poderosa nai.

Durante o seu pontificado concedeu á abadía de Cluny o privilexio de incluír baixo a súa xurisdición as abadías que fosen reformadas segundo as súas regras, o que supuxo que o abade Hugo alcanzase un poder e unha influencia enorme.

É o último papa do período coñecido como "pornocracia" xa que durante o seu pontificado, a súa nai, Marozia, caeu en desgraza e perdeu todo o poder que mantivera desde a elección como papa, en 904, de Serxio III.

Dita caída iníciase cando Marozia casa por terceira vez en 932 co rei de Italia Hugo de Arlés o que fixo rebelarse ao conde Alberico o Mozo, un fillo froito do primeiro matrimonio de Marozia, o cal expulsou de Roma ao seu novo padrasto e mandou encarcerar, no castelo de Sant'Angelo, á súa nai e ao seu medio irmán o papa Xoán XI.

Roma convértese nun ducado independente ao mando de Alberico o cal co apoio de Hugo, o abade da poderosa abadía de Cluny, dirixirá a política eclesiástica da Igrexa durante os seguintes papados.

Xoán XI faleceu recluído en decembro de 935.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán XI, papa