Xoán IX, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século IX |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
{| border=1 cellpadding=2 cellspacing=0 align=right style="margin-left:0.5em;" width="300px"
| Nome | Descoñecido |
| Comezo do papado | 18 de xaneiro de 898 |
| Fin do papado | 5 de xaneiro de 900 |
| Alcume | Descoñecido |
| Predecesor | Teodoro II |
| Sucesor | Bieito IV |
| Data de nacemento | Descoñecida |
| Lugar de nacemento | Tívoli (Italia) |
| Data de morte | 5 de xaneiro de 900 |
| Lugar de morte | Roma (Italia) |
| Papa nº | 116 |
Xoán IX. (Tívoli, (¿?) — Roma, 5 de xaneiro de 900). Papa da Igrexa católica de 898 a 900.
Abade dun mosteiro beneditino, Xoán foi elixido papa co apoio de Lamberto de Spoleto o que lle permitiu vencer ao outro candidato que optaba á elección, Serxio, que foi excomungado e expulsado da cidade, o cal non lle impediría, anos máis tarde acceder ao trono pontificio como Serxio III.
Durante o seu pontificado convocou un concilio en Ravenna no que finalizado a tarefa iniciada por o seu predecesor, rehabilitouse definitivamente ao papa Formoso ao que, no chamado “Concilio do cadáver”, se lle someteu a xuízo tras exhumar o seu corpo.
En dito concilio decretouse que a elección papal, para ser válida, debía realizarse en presenza dun representante do emperador e recaer sobre un membro do clero romano.
Así mesmo prohibiu o costume de saquear os palacios dos bispos ou do Papa trala súa morte.
Declarou inválida a consagración de Arnulfo como emperador e coroou, no seu lugar, ao seu protector Lamberto.
Faleceu o 5 de xaneiro de 900 sendo enterrado no adro da Basílica de San Pedro.
| Predecesor: Teodoro II |
Papa 898 – 900 |
Sucesor: Bieito IV |
