Lucio I, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Papas do século III |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
Lucio I, nado en Roma e falecido o 5 de marzo de 254, foi o 22º Papa da Igrexa católica entre 253 e 254.
[editar] Traxectoria
Fillo de Porfirio, Lucio, que ao igual que moitos cristiáns sufría pena de desterro por orde do emperador Galo, puido regresar a Roma trala morte deste en maio de 253 e ser elixido sucesor do papa Cornelio.
O seu pontificado foi moi breve, e durante o mesmo continuou a política do seu predecesor contra os novacianos.
Home de rigorosos costumes, prohibiu a cohabitación entre homes e mulleres que non fosen consanguíneos, e impuxo aos eclesiásticos a obriga de non convivir coas relixiosas que lles daban hospitalidade por sentimentos caritativos.
Aínda que nos martiroloxios aparece como mártir, non parece que fose certo, dado que cando faleceu, baixo o goberno do emperador Valeriano, os cristiáns eran tratados benevolamente.
[editar] Ligazóns externas
| Predecesor: Cornelio |
22º papa 253-254 |
Sucesor: Estevo I |