Estevo III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VIII
Antipapas

Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo II.

Estevo III foi papa da Igrexa Católica do 26 de marzo de 752 até a súa morte, acaecida no 26 de abril de 757. Naceu probabelmente cara o 714 ou 715.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os longobardos conquistaran Rávena, capital do Exarcado e parte do Imperio Bizantino, no 751, comezando moi logo a facer presión sobre Roma. As relacións entre o Papado e os emperadores bizantinos - da dinastía Isáurica - as relacións eran tensas a mediados do século VIII. Por outra banda o Imperio de Bizancio estaban a recibir as ameazas dos otománs. De feito que ningunha axuda bizantina chegou á península Italiana. Entón Estevo virou para Pipino o Breve, Mordomo de Palacio dos reis francos. Pipino aproveitou a ocasión para pór a Estevo perante un dilema: "Quen debe ser rei dos francos? Quen posúe o título ou quen posúe o poder?". Estevo afirmou que quen detentaba o poder debía ser o rei franco. Pipino depuxo a Khildeberto III e foi elixido polos francos como novo rei.

Pipino invadiu Italia dúas veces para resolver o problema aberto polos longobardos, asignando o territorio entre Roma e Rávena ao Papado, mais deixou ao rei longobardo en poder do seu reino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]