León VII, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século X |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
León VII nado en Roma, en data descoñecida, e finado o 13 de xullo de 939 foi o papa n.º 126 da Igrexa Católica Romana do 936 ao 939.
Pontificado [editar]
León VII, probablemente era un monxe bieito cando o elixiron papa o 3 de xaneiro de 936, conforme ao desexo do duque Alberico II, establecendo que o emperador debía ter a potencia civil e o papa a potencia relixiosa.
León VII, tivo unha atención particular á reorganización dos mosteiros. Odón abade de Cluny convenceu ao Papa e a Alberico para que desen o seu apoio na reorganización do monacato que pretendía levar a cabo, non só na zona de Borgoña, onde se situaba a abadía, senón en toda Europa.
Para cooperar no traballo de reforma en Alemaña do emperador xermánico Otón, León VII nomeu un vicario apostólico e legado pontificio en toda a Alemaña con poder de procesar todos os eclesiásticos que errasen. Non obstante, prohibiulle bautizar á forza os xudeus alemáns aínda que o autorizou a que os expulsase das cidades se rexeitaban o devandito sacramento..
