Adeodato I, papa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Papas do século VII |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adeodato.
Adeodato I, (en latín Deusdedit, "dado por Deus"), foi o Papa n.º 68 da Igrexa Católica entre o 615 e o 618.
Tracextoria [editar]
Era fillo dun subdiácono chamado Estevo, e foi elixido Papa o 13 de novembro de 615, tras corenta anos de sacerdocio.
Segundo a tradición, foi o primeiro papa en usar o selo papal (bulla) nos documentos pontificios. No seu selo aparece o Bo Pastor rodeado das súas ovellas coas letras alfa e omega no fondo, e o lema Deus dedit Papa.
Foi coñecido por ser taumaturgo, pois seica curaba distintos tipos de enfermidades apoiando os beizos nas feridas dos enfermos.
Foi santificado pola Igrexa Católica, que celebra a súa festa o 8 de novembro.
