Xoán VII, papa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Papas do século VIII |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
Xoán VII, nado en Rossano e finado en Roma o 18 de outubro de 707, foi o Papa nº 86 da Igrexa católica de 705 a 707.
Durante o seu pontificado, Xustiniano II recuperou o trono, iniciando un segundo período como emperador bizantino, no que logrou que Xoán VII recoñecese os decretos do Concilio Quinisexto que o papa Serxio I se negara a recoñecer no seu día.
Mantivo boas relacións cos longobardos, logrando que o rei Ariperto II restituíse ao papado os bens que o seu antecesor Xisulfo obtivera de Xoán VI.