Alexandre I, papa
Santo Alexandre I, de orixe probablemente romana, foi bispo de Roma dende o ano 107 até o 113[1] ou 115. Foi o sexto papa, se ben este título foi creado moitas décadas despois.
Índice |
[editar] Vida e pontificado
Da súa vida e do seu pontificado poucos datos se teñen, e os que hai son abondo confusos e pouco fiables. O seu mandato como bispo de Roma debeu rematar estando de emperador Traxano, aínda que Eusebio de Cesarea sinala que foi ao pouco de comezar o mandato do emperador Hadrián (por volta, pois, de 120).
Atribúeselle a institución da auga bieita nas igrexas e nas casas. Tamén puido ser el quen decidise que as hostias se fixesen con pan sen levedar e que o viño da eucaristía se mesturase con auga.
[editar] Morte e santidade
Unha tradición do século V afirmaba que o papa Alexandre I fora decapitado a canda santo Evencio e san Teodoro, pero por outros datos parece que o terceiro nese martirio fose un Alexandre distinto do papa. Cando no século XIX se atopou unha tumba preto de Roma, ao pé da vía Nomentana, con tres cadáveres decapitados, pensouse que eran estes tres e foron os seus restos trasladados á igrexa de Santa Sabina, en Roma.
Porén, non está probado sequera que Alexandre I fose martirizado, malia que a Igrexa Católica así o considera. Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, é considerado santo e a súa festa celébrase o 3 de maio.
[editar] Parroquias en Galicia
Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de Santo Alexandre.
[editar] Notas
|
||||||||