Xoán XIX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XI
Antipapas

Pope John XIX.jpg

Xoán XIX (de nome Romano), nado en Roma e finado en outubro de 1032, foi o Papa nº 144 da Igrexa católica de 1024 a 1032.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sucesor, no solio pontificio, do seu irmán Bieito VIII, no momento da súa elección era cónsul e senador ademais de laico, polo que recibiu todas as ordes sacras até a dignidade de bispo nun só día a cambio dunha importante cantidade de diñeiro co que iniciou o seu pontificado cunha das secuelas que o definirían: a simonía.

Non é de estrañar, por tanto, que estivese disposto a recoñecer o título de Ecuménico ao Patriarca de Constantinopla a cambio dunha importante cantidade de diñeiro. Esta postura provocou o rexeitamento xeneralizado de toda a Igrexa e Xoán XIX viuse obrigado a dar marcha atrás.

Ao morrer o emperador Henrique II, deu o seu apoio a Conrado II a quen coroou, xunto á súa consorte Xisela, o 26 de marzo de 1027, en San Pedro.