Romano, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século IX |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
Romano, nado en Gallese e finado en novembro de 897, foi o Papa n.º 114 da Igrexa católica en 897.
Traxectoria [editar]
Era irmán de Mariño I, nados en Gallese, unha cidade de Lazio preto de Civita Castellana. Cardeal de San Pedro in Vincoli, foi elixido papa a finais de agosto de 897, probablemente polo partido alemán.
Durante o seu breve pontificado de catro meses comezou a traballar na anulación de todas as disposicións do seu antecesor, Estevo VI, labor continuada polo seu sucesor Teodoro II.
Incluíu as illas de Mallorca e Menorca na diocese de Girona, se ben o documento no que se recolle esta disposición é apócrifo.
Algúns historiadores apuntan que puido ser destronado e obrigado a recluírse nun mosteiro. Finou en novembro de 897, non se sabe se por morte natural ou envelenado.
