Anagni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anagni é unha comuna da provincia de Frosinone, Lazio, Italia. Famosa polas súas conexións co papado. Ten 19.334 habitantes.
Os restos arqueolóxicos máis antigos datan do séculoVII a.C. ), entra en contacto con Roma na época de Lucius Tarquinius Superbus, foron aliados ata que Roma atacou Anagni (306 a.C.) e disolveu a Confederatio Hernicae, unha federación cos Hernici, dos que Anagni era o centro espiritual.
Durante o Imperio Romano os emperadores pasaban o verán na vila, e a partir do século XII os papas seguiron o seu exemplo.
Varios papas da familia Conti, naceron aquí (Inocencio III, Gregorio IX, Alexandre IV, Bonifacio VIII). En 1160 Alexandre III excomungou solemnemente ao emperador Federico Barbarroxa na vila. En 1303 os enviados do rei de Francia, Filipe o Fermoso, humillaron ao papa Bonifacio VIII.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]