Bonifacio I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século V
Antipapas

Bonifacio I

O Papa Bonifacio I foi elixido o 29 de decembro de 418 cando era un home xa vello e moi enfermo. Mentres tanto, un grupo de diáconos que estaban descontentos xa desde tempos do Papa Zósimo, elixiron a Olallo, quen se instalou no Palacio Laterano como antipapa. Eventualmente foi o emperador Honorio quen resolveu a cuestión a favor de Bonifacio, o papa lexítimo.

Bonifacio deulle o seu apoio a Santo Agostiño e os bispos africanos na súa campaña contra o pelaxianismo.

Bonifacio morreu o 4 de setembro de 422.