Nicolao II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XI
Antipapas

Nicolao II

Nicolao II, nado cara o ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa Católica Romana de 1059 a 1061.

Biografía[editar | editar a fonte]

Do papa Nicolao II, non coñecemos máis que o seu nome: Gérard, Gérald, Gherard, Gerardus, Giroldus ou Gerhard de Borgoña. Podese que nacera entre 990 e 995, en Chevron, antiga cidade da rexión histórica de Savoia, e sería da familia dos Chevron Villette. Os antigos textos desígnano como Allobrox, Allobroge, natione Burgondio, sive Sabaudiensis (nación Borgoñoa ou savoiana); foi chamado tamén Gérard de Borgoña e mesmo Gerald de Lorraine.

Pontificado[editar | editar a fonte]

No marco do que os historiadores chamaron a posteriori a reforma gregoriana, prohibe aos clérigos recibir unha igrexa das mans dun laico e obter cargas eclesiásticas con diñeiro (simonía). Tamén prohibe a nominación dos bispos sen a autorización papal. Ordenou a excomuñón dos sacerdotes casados que non repudiaran as súas esposas, prohibiu aos laicos participar en misas celebradas por eles.

Sinodo de Melfi[editar | editar a fonte]

Baixo a influencia do frade Hildebrand, o futuro papa Gregorio VII, promulgou o 13 de abril de 1060, o decreto que poñía a elección do papa en só as mans do colexio dos cardeais, confirmando o sínodo de Melfi. Non obstante, o emperador gardaba o dereito de confirmar o candidato para o asento pontifical.

No ano 1059 convoca o sínodo de Melfi (no sur de Italia) que reúne os bispos italianos e determina a elección do Papa que será elixido de agora en diante polos cardeais. O resultado cese sínodo será confirmado polo decreto do 13 de abril de 1060. O papa Nicolas II foi a Italia do sur e recibiu os xuramentos de fidelidade dos príncipes normandos Ricardo I º de Aversa e Robert Guiscard, a cambio da súa investidura e da súa fidelidade. O papa contaba co apoio normando para contrapesar a potencia do Imperio.

Primeiro Concilio de Latrán[editar | editar a fonte]

No ano 1060, convocou o I º concilio de Latrán en Roma, e renovou a prohibición feita aos belixerantes de atacar os viaxeiros, os clérigos, os frades e os pobres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicolao II, papa