Xoán I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VI
Antipapas

Xoán I, papa e santo da Igrexa Católica

Xoán I, nado en Siena (Toscana) cara ao 470 e finado en Ravenna o [[18 de maio de 526, foi un relixioso, o 53.° papa da Igrexa Católica, que o venera como santo. O seu pontificado durou do 13 de agosto de 523 ao 18 de maio de 526.

Fillo dun tal Constancio, naceu preto de Chiusdino, no sur da Toscana, nunha pequena fortaleza construida por Serena, esposa de Estilicón, no século IV e destruída na Idade Media.

Era fraile no momento da elección como pontífice, só sete días despois do falecemento do seu antecesor.

Foi o primeiro papa en viaxar a Constantinopla, enviado no 525 por Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, para negociar co emperador bizantino Xustino I a fin das persecucións contra os arianos que se viñan producindo desde o edicto imperial de 523. A misión foi un fracaso, xa que o decreto non fora anulado, e debido ás acusacións de ser feble nas negociacións co emperador, ao regreso a Roma foi feito encarcerar por Teodorico en Rávena, capital do reino ostrogodo, morrendo martirizado.

Os restos foron levados a Roma e soterrados na Basílica de San Pedro.