Antero, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antero

Antero, (falecido en Roma o 3 de xaneiro de 236) foi Papa da igrexa católica entre o 235 e o 236.

Foi elixido papa o 21 de novembro de 235 trala abdicación do seu predecesor, o papa Ponciano. Era fillo dun cristián de orixe grega chamado Rufino.

O seu pontificado, en plena persecución dos cristiáns ordenada polo emperador Maximino, só durou 43 días, ó falecer martirizado o 3 de xaneiro de 236. Foi soterrado na cripta papal das catacumbas de San Calisto.

Ordenou que as reliquias dos mártires fosen recollidas e conservadas na igrexa, nun lugar chamado "Scrinium".

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas