Bieito V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século X
Antipapas

Scherbe vom Grab Benedikt V.jpg

Bieito V, nado en Roma e finado en Hamburgo o 4 de xullo de 966, foi o 132º Papa da Igrexa Católica no ano 966.

Este cardeal diácono de ampla cultura (o que lle valeu o alcume de o gramático, foi elixido Papa trala morte de Xoán XII, cando o pobo romano optou por el obviando a León VIII, o protexido do emperador Otón I, que fora imposto por este cando depuxo a Xoán XII.

Ao chegarlle as novas do nomeamento de Bieito, o emperador regresou a Roma, apresándoo o 23 de xuño e depoñéndoo no rango de diácono e desterrándoo a Hamburg. Tras isto, repuxo no trono de San Pedro a seu protexido León.

Bieito faleceu o 4 de xullo de 966 no seu exilio de Hamburg, onde se atopaba baixo custodia de Adaldag, o arcebispo de Bremen-Hamburg.

Foi soterrado na catedral de Hamburgo, aínda que os seus restos foron levados a Roma baixo reinado de Otón III.