Fiz III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VI
Antipapas

Fiz III

San Fiz IV, nado en Benevento, Samni ou Campania e finado en Roma o 530, a miúdo tamén chamado Fiz III[1], foi escollido Papa o 12 de xullo de 526.

Logo da morte de Xoán I, Fiz foi elixido Papa por Teodorico o Grande, que controlaba a curia romana. Esta alianza reportou grandes beneficios á Igrexa.

Este Papa fixo construír a basílica dos Santos Cosme e Damián de Roma.

Morreu o 22 de setembro de 530 en Roma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Actualmente considérase o Papa Fiz II un antipapa, pero cando accedeu ao pontificado Fiz III non o recoñecía como tal e por iso tomou este nome. O segundo Papa Fiz recoñecido pola Igrexa Católica, pois, ostenta o ordinal III. É por iso que o Papa Fiz IV, o seguinte en recibir este nome, tamén é chamado Fiz III.