Sisto III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século V
Antipapas

Sixtus III

Sisto III, nado en Roma e finado o 18 de agosto de 440, foi un Papa da Igrexa católica de 432 a 440.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no seo da familia Colonna pronto se convertería nun membro influente no entorno dos papas Zósimo, Bonifacio I e Celestino I a pesares de que na súa mocidade se sentise atraído polas doutrinas pelaxianistas, aínda que parece ser que volveu á ortodoxia grazas á súa correspondencia con San Agostiño.

O seu pontificado, iniciado tras o Concilio de Éfeso, celebrado en 431, estivo marcado polo nestorianismo, doutrina que xunto ao pelaxianismo, fora condenada no mesmo. E iso provocou que fose acusado de abrazar os seus postulados. Sixto, para rebater ditas acusacións fixo reconstruír a basílica de Santa María a Maior, que ao dedicala a María como nai de Deus, supoñía a súa aceptación do título de Theotókos que o concilio de Éfeso outorgara a María en contra das doutrinas nestorianas que só lle outorgaban o título de Khristotókos (nai de Xesús).

Así mesmo velou pola conservación dos dereitos da Santa Sede ao confirmar que Iliria dependía eclesiasticamente da diocese de Tesalónica e non da de Constantinopla como pretendía o patriarca de dita cidade. Restaurou en Roma as basílicas de Santa Sabina no monte Aventino e San Lourenzo Extramuros. Un dos seus principais logros foi restaurar a paz entre Cirilo de Alexandría e os sirios.

Faleceu o 18 de agosto de 440 sendo enterrado en San Lourenzo Extramuros.