León V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século X
Antipapas

León V

León V, nado en Ardea e finado en Roma en febreiro de 904, foi papa da Igrexa Católica en 903.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu breve pontificado só durou un mes ao ser deposto polo seu director espiritual, o cardeal Cristovo, que o recluíu nun mosteiro onde morrería, en setembro, aparentemente asasinado. Cristovo exerceu un ano o papado e é considerado pola Igrexa Católica como un antipapa.