Denominación de Orixe Rías Baixas
A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.
Divídese nas seguintes subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. A uva albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados do norte peninsular (especialmente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia).
Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 2.700 hectáreas, que pertencen a 180 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 10 millóns de litros.
Índice |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Galería de imaxes [editar]
-
Adega Martín Códax.
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||