Cráter de Chicxulub

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cráter de Chicxulub.jpg

O cráter de Chicxulub é un antigo cráter de impacto cuxo centro aproximado está situado ao noroeste da península de Iucatán, en México. Este centro atópase preto da poboación de Chicxulub, á que o cráter debe o seu nome.

Características[editar | editar a fonte]

O cráter mide máis de 180 quilómetros de diámetro, formando unha das zonas de impacto máis grandes do mundo; estímase que o bólido que formou o cráter medía polo menos dez quilómetros de diámetro. Foi descuberto por Antonio Camargo e Glen Penfield, xeofísicos que traballaban en Iucatán para a empresa paraestatal de Petróleos Mexicanos en busca de xacementos de petróleo a finais da década de 1970. Inicialmente, non se puido atopar probas que evidenciasen que esa inusual estrutura xeolóxica era en realidade un cráter de impacto, polo que se abandonaron as investigacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]