Diego Velázquez
| Diego Rodríguez de Silva y Velázquez | |
|---|---|
Autorretrato de Velázquez (1650), Museo de Bellas Artes de Valencia |
|
| Nome | Diego Rodríguez de Silva y Velázquez |
| Nacemento | 6 de xuño de 1599 |
| Morte | 6 de agosto de 1660 |
| Lugar de morte | Madrid, España |
| Nacionalidade | española |
| Eido | Pintor |
| Movemento | Barroco |
| Traballos | Las Meninas As fiandeiras La rendición de Breda |
Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599 e falecido en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro, e un dos máis grandes pintores de todos os tempos.
Índice |
[editar] Traxectoria
Creou escenas cunha forte impronta histórica e cultural así como retratos da familia real española e outras figuras europeas notables, a súa obra é un exemplo de constante e ininterrompido progreso que culminou na produción da súa peza mestra, As Meninas (1656). A súa obra é escasa en cantidade, un cento de lenzos, pero proba o seu actuar reflexivo.
Na súa primeira actividade en Sevilla apreciase a influencia do naturalismo escuro de Caravaggio dentro dunha linguaxe persoal volcada cara as escenas de cociña, realistas en tipos, calidades e luces cunha certa melancolía. Xa nomeado pintor da corte os seus retratos seguirían esta tendencia, son retratos que non son detallistas nin adulatorios, móvense na austeridade matizados pola cor e de actitude severa.
Durante a súa estadía en Italia (1629-1630), Velázquez adquiriu experiencia en composición e na disposición das figuras no espazo, a súa paleta faise máis clara e a pincelada máis solta, de volta a Madrid aumenta o cromatismo dos seus retratos sempre mantendo a veracidade e o respecto co retratado. Na súa segunda estadía en Italia (1649-1651) adopta difíciles combinacións cromáticas, cunha penetración psicolóxica absoluta e toque inconexo.
Nos seus anos finais aumentou o seu barroquismo, que acada o seu cumio en As Meninas e na obra de 1657 As fiadeiras, construídas a través da perspectiva aérea e dunha factura desfeita.
[editar] Obras
- 1618, Vella fritindo ovos
- 1619, A Epifanía
- 1620, O augador de Sevilla
- Conta cunha temática popular, mediante figuras populares de clase baixa; contén un realismo temático, engadíndolle o tenebrismo propio de Caravaggio. Fondo neutro, describindo os obxectos e os materiais.
- 1628, Os borrachos
- Esta obra está exposta no museo do Prado. Conta cunha temática mitolóxica, intentando representar a idea de Deus do Olimpo cuxo obxecto é liberar ó home das presións da vida a través do viño.
- 1630, A fragua de Vulcano
- Conta cunha temática mitolóxica, mostrando a chegada de Apolo ao taller e comunica a infidelidade da súa esposa. A obra está pintada cunhas cores tenebristas.
- 1634, Pablillos de Valladolid
- 1634, Rendición de Breda (ou As lanzas)
- Temática histórica, ensinando o momento da entrega das chaves e mostrando a xenerosidade dos vencedores. Hai perspectiva aérea, a través da luz e da cor.
- 1635, Retrato ecuestre do príncipe Baltasar Carlos
- 1637, O meniño de Vallecas
- 1648, A Venus do espello
- 1655, As fiandeiras
- 1656, As Meninas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas