Carl Sagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Sagan

Carl Edward Sagan, nado en Nova York o 9 de novembro de 1934 e finado en Seattle o 20 de decembro de 1996[1][2] foi un astrónomo, exobiólogo e divulgador científico estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en 1960 na Universidade de Chicago traballando xunto ao astrónomo Gerard Kuiper.[3][4] A súa obra máis coñecida é Cosmos, que tras ter visto a luz como libro pasou a serie televisiva, como Cosmos: A Personal Voyage. Foi un pioneiro da exobioloxía e promoveu a procura de Intelixencia Extraterrestre (SETI). Escribiu a novela Contacto, que serviu de base para o filme do mesmo título protagonizado por Jodie Foster en 1997. Sagan publicou máis de 600 artigos científicos e foi o autor, coautor ou editor de máis de 20 libros. Na súa obra defendía o escepticismo científico, o humanismo e o método científico. Tamén foi asesor científico no filme 2001: A Space Odyssey, dirixida por Stanley Kubrick.[5]

Estivo casado coa novelista, guionista e realizadora Ann Druyan.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carl Sagan

Outros artigos[editar | editar a fonte]