Sasha Sagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSasha Sagan
Biografía
NacementoIthaca Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCarl Sagan Editar o valor em Wikidata  e Ann Druyan Editar o valor em Wikidata

Páxina websashasagan.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1960104 Twitter: sashasagan Instagram: sashasagan Editar o valor em Wikidata

Sasha Sagan é unha autora, produtora de televisión e cineasta. O seu libro For Small Creatures such as We publicouse en 2019.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sagan é filla da escritora Ann Druyan e do astrónomo Carl Sagan, e irmá de Samuel, Dorion, Jeremy e Nick. Ela é graduada na Universidade de Nova York. Escribiu para a New York Magazine.[2] Interpretou o papel da nai de Carl Sagan en Cosmos: Possible Worlds.[3][4] Sasha Sagan foi co-produtora da curtametraxe Bastard (2010), da que ela mesma e Kirsten Dunst foron as guionistas.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Sagan mora en Boston co seu marido, Jonathan Noel, e a filla deles. Casaran en Ithaca, Nova York, en setembro de 2013.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Thirty books to help us understand the world in 2020". 18 de outubro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  2. "Sasha Sagan". Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  3. "Exploring 'Possible Worlds' With Ann Druyan". 31 de março de 2020. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  4. "'Cosmos: Possible Worlds' to Premiere on National Geographic in 2020 — Exclusive". 7 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2020.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  5. "Kirsten Dunst's Bastard among Tribeca short films roster". 18 de março de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2020.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  6. "Sasha Sagan and Jonathan Noel". 29 de setembro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]