Mike Myers
| Mike Myers | |
|---|---|
| Nacemento | Michael John Myers 25 de maio de 1963 Scarborough, Ontario, Canadá |
| Profesión | Actor (1975 - presente) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Michael John Myers (n. 25 de maio de 1963) é un actor, guionista, produtor de cine e comediante británico-canadense. Actuou en Saturday Night Live (1988-1995), Wayne's World, nas tres películas de Austin Powers e prestou a súa voz na serie de películas de Shrek. A súa última entrega humorística é "The Love Guru", na que interpreta o papel de Gurú Pitka. En 2002, Myers participou no vídeo musical de Britney Spears, "Boys".
Biografía [editar]
Naceu o 25 de maio de 1963 en Scarborough, Ontario, Canadá. Mide 1,73 m. Mike Myers é o fillo menor do vendedor de enciclopedias e antigo cociñeiro do exército británico Eric Myers, e de Alice “Bunny” Myers, procesadora de datos e ex-actriz. Ambos cidadáns ingleses (o propio actor ten pasaporte británico) que emigraron a Canadá desde a cidade portuaria de Liverpool.
O primeiro contacto de Myers co mundo audiovisual foron as súas aparicións infantís en varios anuncios publicitarios. Na súa etapa no instituto Stephen Leacock, Mike tomou leccións de danza e comezou a crear personaxes cómicos. Nos inicios dos anos 80 actuou co grupo de comediantes Second City Comedy de Toronto, e máis tarde formou parella profesional con Neil Mullarkey, con quen Myers virou por Inglaterra representando múltiples actuacións humorísticas. Retornado a Canadá, Myers foi descuberto por Martin Short cando estaba actuando co Second City Comedy. Short propúxolle que se incorporase ao programa de televisión “Saturday Night Live”, todo un escaparate popular para o talento cómico dos seus protagonistas. En 1989, Mike, que actuaba e escribía "sketches", recibiría un premio Emmy polos seus guións.
A súa primeira aparición cinematográfica produciuse ese mesmo ano ao aparecer en “Elvis Stories” (1989), unha curta parodia sobre a desaparición de Elvis Presley, rodado por Ben Stiller.