Antropocentrismo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O antropocentrismo é a doutrina que sitúa o ser humano como medida de todas as cousas; así a natureza humana, a súa condición e o seu benestar, é dicir, as súas peculiaridades en relación a outros seres vivos, serían os únicos principios de xuízo segundo os que deben avaliarse os demais seres e en xeral a organización do mundo no seu conxunto.