Falacia
Unha falacia é unha especie de mentira, é un argumento loxicamente inconsistente, inválido, ou que falle doutro modo no soporte eficaz do que pretende probar. Os argumentos que se destinan á persuasión poden parecer convincentes para gran parte do público a pesar de conteren falacias, mais non deixan de ser falsos por causa diso. Debido a isto, ocasionalmente úsanse como figuras estilísticas.
Recoñecer as falacias é por veces difícil. É importante coñecer os tipos de falacia para evitar trampas lóxicas na propia argumentación e para analizar a argumentación allea.
Tipos e Exemplos de falacias [editar]
(Algúns dos nomes usados están en latín, coa tradución ao lado.)
- Argumentum ad antiquitatem (Argumento de antigüidade ou tradición):
Basicamente consiste en afirmar que algo é verdadeiro ou bo só porque é antigo ou “sempre foi así”.
- Argumentum ad hominem (Ataque ao argumentador):
En vez do argumentador probar a falsidade do enunciado, el ataca a persoa que fixo o enunciado.
Ex: "A afirmación de Xoán é falsa, xa que é un suxeito maleducado".
- Argumentum ad ignorantiam (Argumento da Ignorancia):
Ocorre cando algo considérase verdadeiro simplemente porque non se probou que é falso (ou probar que algo é falso por non haber probas de que sexa verdade). Note que é diferente do principio científico de considerar algo falso ata que sexa probado que é verdadeiro.
Ex: "Xoán di a verdade, pois ninguén pode probar o contrario."
"É certo que Deus exista, ata que se probe o contrario."
- Non sequitur (Non segue):
Tipo de falacia na cal a conclusión non segue das premisas.
Ex: "É bo acabar coa pobreza neste país; É bo eliminar a corrupción neste país; Polo tanto, vamos votar no Xoán para presidente!"
- Argumentum ad Baculum (Apelo á Forza):
Utilización dalgún tipo de privilexio, forza, poder ou ameaza para impor a conclusión.
Ex: "Crea en Deus, senón irá para o Inferno."
- Argumentum ad Populum (Apelo ao Pobo):
É a tentativa de gañar a causa por apelar a unha gran cantidade de persoas.
Ex: "Deus existe porque gran parte da poboación mundial cre nel."
- Argumentum ad Numerum (Apelo ao número):
Semellante ao "ad populum". Afirma que cantas máis persoas consideran nunha proposición, máis probábel é a proposición de ser verdadeira.
Ex: "Deus existe pois 85% das persoas consideran que si. Non poden estar enganados."
- Argumentum ad Verecundiam (Apelo á autoridade):
Argumentación baseada no apelo a algunha autoridade recoñecida para comprobar a premisa .
Ex: "Se Aristóteles dixo isto, é verdade" ou "Se a Biblia di isto, isto necesariamente é a verdade".
- Dicto Simpliciter' (Regra xeral):
Ocorre cando unha regra xeral aplícase a un caso particular onde a regra non debería aplicarse.
- Xeneralización Apresada (Falsa indución):
É o oposto do Dicto Simpliciter. Ocorre cando unha regra específica é atribuída ao caso xenérico.
Ex: "Calquera Xoán é feliz."
- Falacia de Composición (Tomar o todo pola parte):
É o feito de concluír que unha propiedade das partes debe aplicarse en total.
Ex: "Este camión é composto só por compoñentes lixeiros, logo el é lixeiro tamén."
- Falacia da División (Tomar a parte polo todo):
Oposto da falacia de composición. Asume que unha propiedade do todo aplícase a cada parte.
Ex: "Vostede debe ser rico pois estuda nun colexio de ricos." ou "As formigas destrúen as árbores. Logo, esta formiga pode destruír unha árbore."
Consiste en atribuír falsas ideas ao opoñente ou tentar manipular a opinión do ouvinte defendendo un punto de vista reprobábel ou débil.
Ex: "Deberíamos abolir todas as armas do mundo. Só así habería paz verdadeira."
- Cum hoc ergo propter hoc : (falsa causa)
Afirma que dous eventos están relacionados simplemente porque ocorreron xuntos.
Ex: "O Celta vai gañar o xogo de hoxe porque hoxe é xoves e ata agora sempre gañou cando xogou os xoves."
Consiste en dicir que, polo simple feito dun evento que ocorreu axiña despois do outro, eles teñen unha relación de causa-efecto.
Ex: "O Xapón rendeuse logo despois da utilización das bombas atómicas por parte dos EUA. Polo tanto, a paz alcanzouse debido á utilización das armas nucleares."
- Petitio Principii :
Ocorre cando as premisas son tan cuestionábeis como a conclusión alcanzada.
Ex: "Sócrates tentou corromper a xuventude da Grecia, a maioría (que votou pola súa condenación) sempre ten razón, logo foi xusto condenalo á morte."
- Circulus in Demostrando :
Ocorre cando alguén asume como premisa a conclusión a que se quer chegar.
Ex: "Sabemos que Xoán di a verdade pois moitas persoas din iso. E sabemos que Xoán di a verdade pois nós coñecémolo."
- Falacia da Presuposición :
Cuestiona un feito asumindo un presuposto verdadeiro.
Ex: "Onde escondeu vostede o diñeiro roubado?"
- Ignoratío Elenchi (Conclusión sofismática):
Ou "Falacia da Conclusión Irrelevante". Consiste en utilizar argumentos válidos para chegar a unha conclusión que non ten relación algunha cos argumentos utilizados.
Ex: "Os astronautas do Proxecto Apollo eran ben preparados, todos eran excelentes aviadores e tiñan boa formación académica e intelectual, alén de presentar boas condicións físicas. Logo, foi un proceso natural os EUA gañaren a carreira espacial contra a Unión Soviética pois o pobo americano é superior ao pobo ruso."
Ocorre cando as premisas usadas no argumento son ambiguas debido á mala elaboración gramatical.
- Acentuación :
É unha forma de falacia debido á mudanza de significado pola entoación. O significado é mudado dependendo da énfase das palabras.
Ex: compare: "Non debemos falar MAL dos nosos amigos." con: "Non debemos falar mal dos nosos AMIGOS".
- Falacias tipo "A" baseado en "B" (Outro tipo de Conclusión Sofismática) :
Ocorren dous feitos. Son colocados como similares por seren derivados ou similares a un terceiro feito.
Ex:
- "O Islamismo basease na fe."
- "O Cristianismo basease na fe."
- "Logo o islamismo é similar ao cristianismo."
- Falacia da afirmación do consecuente :
Esta falacia ocorre cando se tenta construír un argumento condicional que non está nin do Modus ponens (afirmación do antecedente) nin no Modus Tollens (negación do consecuente). A súa forma categórica é:
Se A entón B. B Entón A.
Ex: "Se hai coches entón hai contaminación. Hai contaminación. Logo, hai coches."
- Falacia da negación do antecedente :
Esta falacia ocorre cando se tenta construír un argumento condicional que non está nin do Modus ponens (afirmación do antecedente) nin no Modus Tollens (negación do consecuente). A súa forma categórica é:
Se A entón B. Non A Entón non B.
Ex: "Se hai coches entón hai contaminación. Non hai coches. Logo, non hai contaminación."
- Bifurcación (Falsa dicotomía):
Tamén coñecida como "falacia do branco e negro". Ocorre cando alguén presenta unha situación con só dúas alternativas, cando de feito outras alternativas existen ou poden existir.
Ex: "Se vostede non está a favor de min entón está contra min."
- Argumentum ad Crumenam :
Esta falacia é a de considerar que o diñeiro é indicativo de estar no certo. Aqueles máis ricos son os que probabelmente están acertados.
Ex: "Se o Barón di iso é porque é verdade."
- Argumentum ad Lazarum :
Oposto ao "ad Crumenam". Esta é a falacia de asumir que só porque alguén é máis pobre, entón é máis virtuoso e verdadeiro.
Ex: "A voz dos pobres é a voz da verdade."
É a aplicación da repetición constante e a crenza incorrecta de que canto máis se di algo, máis correcto está.
Ex: "Se fulano di tanto que a súa bicicleta é azul, entón ela é."
- Plurium Interrogationum :
Ocorre cando se exixe unha resposta simple a unha cuestión complexa.
Ex: "Que forza debemos empregar aquí? Forte ou fraco?"
- Red Herring :
Falacia cometida cando material irrelevante se introduce no asunto discutido para desviar a atención e chegar a unha conclusión diferente.
Ex: "Será que o pallaso Xoán é o asasino? No ano pasado un pallaso matou unha crianza."
- Rectificación :
Ocorre cando un concepto abstracto é tratado como cousa concreta.
Ex: "A tristeza de Xoán é a culpa de todo."
- Tu quoque (Vostede Tamén):
Falacia do "mais vostede tamén". Ocorre cando unha acción se torna aceptábel pois outra persoa tamén a cometeu.
Ex:
- "Vostede está sendo abusivo."
- "E que? Vostede tamén."
- Inversión do Onus da Proba (onus probandi):
Cando o argumentador transfire ao seu opositor a responsabilidade de comprobar o argumento contrario, eximíndose de probar a base do seu argumento.
Ligazóns externas [editar]
- en portugués