Vida extraterrestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vida extraterrestre é vida que pode existir e orixinarse fora do planeta Terra. A súa existencia é actualmente hipotética; non hai aínda evidencias de vida extraterrestre que foran ampliamente aceptadas polos científicos.

A maioría dos científicos manteñen que se a vida extraterrestre existise, a súa evolución ocurriría independentemente en diferentes partes do universo. Unha hipótese alternativa, defendida por unha minoría, é a panspermia, que suxire que a vida no universo podería ter surxido dun punto inicial único de orixe, e máis tarde dispersado a través do universo, duns planetas habitables a outros. Estas dúas hipóteses non son mutuamente incompatibles.

As formas especulativas de vida extraterrestre varían dende humanoides e monstruos que aparecen comunmente en traballos de ciencia ficción a vida a unha escala moito menor de bacterias e virus.

As formas de vida extraterrestre, especialmente as intelixentes, son chamadas xeralmente pola cultura popular como alieníxenas ou ETs. O estudio e teorización da vida alieníxena é coñecido como astrobioloxía ou xenobioloxía.