Lynn Margulis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lynn Margulis.

Lynn Margulis, nada en Chicago (Illinois) o 5 de marzo de 1938 e finada en Amherst (Massachusetts) o 22 de novembro de 2011,[1] [2] foi unha recoñecida bióloga estadounidense. Esta muller ademais de numerosos estudos (Licenciada na Universidade de Chicago, Doutora pola Universidade de Wisconsin...) tivo moitos títulos e recoñecementos, como a medalla outorgada polo ex presidente Bill Clinton en 1999 ou a Medalla Nacional da Ciencia. Formou parte da Natural Academy of Science dende 1983 e da Russian Academy of Natural of Science. Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Vigo e investida o 26 de xaneiro de 2007.[3]

Desenvolveu o seu traballo como profesora distinguida do Departamento de Xeociencias da Universidade de Massachusetts. Entre os seus numerosos traballos no campo do evolucionismo destacou a súa teoría sobre o paso de células procariotas a células eucariotas (Endosimbiose Serial).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lynn Margulis iniciou os seus estudos de secundaria no instituto Público de Hyde Park, pero cando os seus pais trasladarona á Escola Laboratorio da Universidade de Chicago, ela volveu ao instituto cos seus antigos amigos. Desta etapa de instituto recordaba con gran cariño a súa mestra de lingua castelá, a señora Kniazza.

Aos 16 anos foi aceptada no programa de adiantados da Universidade de Chicago onde aos 20 anos licenciouse, segundo ela adquiriu o título, un marido (Carl Sagan) e un máis duradeiro escepticismo crítico.

En 1958, continuará a súa formación na Universidade de Wisconsin como alumna dun máster e axudante de profesora. Estuda bioloxía celular e Xenética (xenética xeral e xenética de poboacións), mostrando unha gran admiración polo seu mestre James F. Crow (``Cambiou a miña vida, grazas a el souben que quería estudar xenética´´).

Xa se sente atraída polo mundo das bacterias desde o seu comezo que, naquela época, ela dicía que eran consideradas só na súa dimensión de xérmenes de carácter patóxeno e sen interese na esfera do evolucionismo. Lynn comezou a investigar os traballos ignorados e esquecidos para apoiar a súa primeira intuición sobre a importancia do mundo microbiano na evolución. Nos seus diferentes traballos nos guía no que foi a súa investigación e os antecedentes das súas achegas.

As súas achegas a bioloxía e ao evolucionismo son múltiples: describe paso a paso e con concreción a orixe das células eucariotas (a SET, se considera o seu mellor traballo; xunto a K.V. Schwartz clasifica a vida na terra en cinco reinos agrupados en dous grandes niveis: bacterias e eucariotas; formula a súa teoría sobre a simbioxénese e a teoría de importancia desta na evolución; apoia dende o primeiro momento a hipótese de Gaia do químico James E. Lovelock, contribuíndo a ela dende a bioloxía e intentando que adquirise categoría de teoría; realizar unha suma de traballos concretos sobre organismos bacterianos e formas de vida simbiótica... Na última fase da súa vida, traballou na posible orixe dos cilios das espiroquetas.

Teoría da endosimbiose serial (SET)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Endosimbiose.

Tras quince intentos fracasados de publicar os seus traballos sobre a orixe das células eucariotas, en 1966 logra que a revista Journal of Theoretical Biology acepte e finalmente publique a finais de 1967 o seu artigo Origin of Mitosing Cells. Max Taylor, especializado en protistas, mestre na Universidade de British Columbia, foi o que a bautizou co acrónimo SET (Serial Endosynbiosis Theory).

Lynn Margulis continuou traballando na súa teoría sobre a orixe das células eucariotas e o que nun principio fora un artigo adquiriu as dimensións dun libro. Novamente fracasou nos seus intentos de publicar, na que entón era a súa editorial (Academia Press) que tras manter o manuscrito cinco meses retido devolvéronlle unha carta onde publicaban o seu rexeitamento sen explicacións. Tras máis dun ano de intentos, o libro publicouse grazas a Yale University Press. Dende entón, a SET abrirase camiño penosamente ata hoxe, que se considera proba nas súas tres cuartas partes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynn Margulis

Outros artigos[editar | editar a fonte]