Divulgación científica
A divulgación da ciencia é o labor de transmitir ao público non especializado o coñecemento acadado pola investigación científica. Na sociedade actual a tradicional fronteira entre humanidades e ciencia ten cada vez menos sentido, xa que os dous campos son esenciais para obter unha formación cultural íntegra e coherente. Polo tanto, os divulgadores da ciencia consideran de gran importancia que a xente teña unha comprensión básica dos fenómenos científicos, pola súa importancia a nivel tanto práctico como filosófico.
En Galicia existen varias iniciativas de divulgación científica, entre as que destacan as levadasa a cabo polos Museos Científicos Coruñeses, as Universidades galegas, a Compañía de Radio Televisión de Galicia ou o Consello da Cultura Galega.