Ann Druyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ann Druyan

Ann Druyan, nada o 13 de xuño de 1949 en Queens, Nova York, é unha novelista, guionista e realizadora estadounidense de televisión, coñecida pola súa participación en diversos proxectos de divulgación científica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a terceira esposa do famoso científico e divulgador Carl Sagan. Tamén foi a encargada da dirección do disco interestelar de Voyager 1 e Voyager 2. Nese proxecto, dirixido polo seu home, foi a encargada de decidir as mensaxes de música e imaxes a incluír.