Johnny Carson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johnny Carson en 1994

John William “Johnny” Carson, nado o 23 de outubro de 1925 en Corning e finado o 23 de xaneiro de 2005, foi un humorista e presentador de televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecido por ser o presentador durante de The Tonight Show Starring Johnny Carson na NBC durante 30 anos (1962–1992), Carson recibiu seis Emmys e un Peabody, recibiu tamén a Medalla Presidencial da Liberdade en 1992 e o Premio Kennedy en 1993.[1]. Carson converteuse a partir da década de 1970 nunha icona estadounidense, dándolle consistencia aos programas nocturnos de talk show estadounidense modificando o formato que tiñan da época de Ed Sullivan, onde o presentador era tan só literalmente o que presentaba os diferentes espectáculos do programa cara un formato no que o presentador se converte nun auténtico anfitrión, interactuando activamente cos convidados[2]. Xente como David Letterman, Jay Leno, Conan O'Brien, Craig Ferguson e Jimmy Fallon recoñeceron a influencia de Carson nos seus programas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnny Carson. Encyclopædia Britannica Online. (2009). Encyclopædia Britannica. Consultado o 21 de novembro de 2010.
  2. Bernard Timberg e Bob Erler Television talk: a history of the TV talk, p.58