Astrobioloxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Astrobioloxía é un campo de estudo interdisciplinar que combina aspectos da astronomía, bioloxía e xeoloxía, e que está enfocado principalmente ao estudo da orixe, distribución e evolución da vida. Provén das palabras gregas astron = estrela, bios = vida e logos = palabra/ciencia, e é tamén coñecido como exobioloxía (grego: exo = fóra) ou xenobioloxía (grego: xenos = foráneo).

Algúns dos máis importantes temas de investigación astrobiolóxica incluen:

  • Que é a vida?
  • Como apareceu a vida na Terra?
  • Que clase de medio pode tolerar a vida?
  • Como podemos determinar se a vida existe noutros planetas?

Exobioloxía e xenobioloxía son termos tamén habituais na ciencia ficción, ainda que tipicamente eses termos refírense á bioloxía especulativa dun extraterrestre.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais