Divulgador científico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Sagan, coñecido polo seu labor como divulgador científico pola súa serie documental e libro Cosmos: A Personal Voyage.

A divulgación científica é o conxunto de actividades que interpretan e fan accesible o coñecemento científico á sociedade, é dicir, todos aqueles labores que levan o coñecemento científico ás persoas interesadas en entender ou informarse sobre ese tipo de coñecemento. A divulgación pon o seu interese non só nos descubrimentos científicos do momento (por exemplo, a determinación da masa do neutrino), senón tamén en teorías máis ou menos ben establecidas ou aceptadas socialmente (por exemplo, a teoría da evolución) ou mesmo en campos enteiros do coñecemento científico (por exemplo, a historia da astronomía).

É importante a divulgación científica que aparece reflectida historicamente en multitude de obras de diferentes autores. Entre as primeiras obras evocadoras da divulgación científica no pasado remoto poden citarse os Diálogos sobre os dous máximos sistemas do mundo (1632), do astrónomo italiano Galileo Galilei, na que tres personaxes dialogan durante catro días sobre as visións aristotélica–ptolomeica e copernicana do Universo.[1] A revista norteamericana Popular Science (fundada en 1872) é probablemente a primeira publicación xeral que apareceu cun carácter divulgativo.

Na actualidade, a divulgación científica realízase en practicamente calquera dos formatos que existen nos diferentes medios de comunicación: documentais de televisión, revistas de divulgación científica, artigos en xornais xerais ou páxinas de Internet dedicadas a este labor. Existen mesmo canles de televisión dedicados exclusivamente á divulgación científica ou nos que esta nova disciplina forma unha parte destacada da programación, tales como Discovery Channel ou National Geographic Channel. Debido ao grande interese que xurdiu en moitos dos medios de comunicación por facer da ciencia uno dos temas centrais, a divulgación científica tamén recibe o nome de xornalismo científico.

A divulgación científica exprésase de maneira máis precisa en libros específicos sobre un tema. Algunhas obras divulgativas han chegado a converterse en auténticos best-séllers, como Historia do tempo, de Stephen Hawking, ou Os dragones do Edén, de Carl Sagan. Este último recibiu o Premio Pulitzer en 1978. Desde o punto de vista da literatura, a divulgación científica constitúe un subgénero do ensaio.

O xornalista que se dedica á divulgación da ciencia é tan importante como o científico que xera preguntas e descubrimentos, xa que os novos coñecementos necesitan un axente difusor que poida facelos chegar ao público. A divulgación científica ten como finalidade que o receptor se asegure do sucedido ou simplemente decátese do pasado.

Divulgadores importantes[editar | editar a fonte]

Entre os autores máis coñecidos de obras de divulgación científica atópanse (aquí cítanse, a maneira de exemplo, algunhas das súas contribucións máis coñecidas):

Moitos dos divulgadores máis exitosos foron científicos, ou tiveron formación científica. Tal é o caso de Carl Sagan quen traballou tanto no programa SETI como na súa famosa serie de televisión Cosmos: A Personal Voyage. Pero outros, como Timothy Ferris (autor de múltiples libros sobre astronomía), formáronse primeiro como comunicadores e logo enfocáronse nalgún aspecto da ciencia. Tamén hai casos, moi senlleiros, de divulgadores científicos cunha formación autodidacta, caso de Rodríguez de la Fuente, que era dentista, ou Cousteau, ofial da Mariña.

Dentro do xénero literario da ciencia ficción, as obras de ciencia ficción dura adoitan presentar temas científicos cun calado o suficientemente preciso como para ser consideradas obras de divulgación científica. Destacan neste apartado específico:

A maior parte das axencias ou institutos científicos de países como os Estados Unidos contan cun departamento de divulgación científica (Education and Outreach) que pretende devolver á sociedade en forma de coñecemento os importantes investimentos realizados en grandes proxectos (por exemplo a investigación espacial), aínda que isto non ocorre en moitos outros países.

A expresión "divulgación científica" substitúese paulatinamente por unha máis específica: "comunicación pública da ciencia", que se sitúa claramente dentro das ciencias da comunicación. Recoñécese desa maneira que a comunicación da ciencia na actualidade require de competencias, formación e formas de aproximación ao coñecemento propias das comunicacións sociais. Os comunicadores científicos ou divulgadores científicos fórmanse na actualidade en carreiras universitarias. A divulgación establécese así como unha disciplina profesionalizada.

Na Arxentina, fórmanse divulgadores científicos no Instituto Leloir (Buenos Aires), na Universidade Nacional de Río Negro, Sede Andina, e na Universidade Nacional de Córdoba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Semana Europea da Ciencia (Comisión Europea).
  • Divúlgame - Agregador social de artigos de divulgación científica desenvolvido a partir do software libre Menéame.
  • Portal de divulgación científica - Portal de divulgación dos resultados de investigación científica no ámbito universitario. Mantido pola UNED.
  • Uciencia- Portal de divulgación científica da Universidade de Málaga.
  • Neofronteras Noticias de ciencia e tecnoloxía
  • JoF - Revista en liña gratuíta de divulgación científica creada por unha rede multidisciplinar de científicos españois.